O Estradense ficha a Sergio Prieto

O Estradense ficha a Sergio Prieto

Este mércores o Estradense anunciou a fichaxe do central e lateral Sergio Prieto. Unha fichaxe xestada na propia xornada despois de que o xogador deixara de pertencer ao Arosa.

Prieto mostrouse orgulloso de poder pertencer ao clube estradense e agarda “poder desfrutar do fútbol e axudar no que poida a este clube”. Comezou a súa traxectoria no xa desaparecido Sporting Estrada, continuou na EEFB, xogou nas categorías inferiores do Celta e chegou a xogar partidos co primeiro equipo do Arosa.


Imaxe de portada: Rolda de prensa de presentación // CD Estradense

Comentarios

Deixar un comentario