Sabucedo celebrará este sábado unha nova edición do Musa. Ás 9.45h comezará unha andaina comentada da Ruta de Sabucedo na que se recollerán cogomelos e castañas. Ás 12.00h haberá unha xuntanza no Muíño do Mestre e, media hora máis tarde, comezará o concurso infantil Coñecendo o meu pobo. Aos dez minutos dará inicio un obradoiro de pan e filloas e, ás 13.00h, celebraráse a charla-coloquio A literatura oral no ciclo do pan no Muíño do mestre.
Ás 13.30h actuará Airiños de Caldelas e, unha hora máis tarde, comezará o xantar no Campo do Medio. Ao remate terá lugar a sobremesa musical Sabucedo tamén canta. Ás 16.30h haberá un obradoiro de calacús, candeas, vestimentas e maquillaxe e entregaránse os premios do concurso. Un cuarto de hora máis tarde terá lugar a charla Té galego, alternativa no rural e, unha hora despois, presentaráse o proxecto Galicia latente.
Ás 20.00h procesionarña a Santa Compaña, ás 20.30h leránse os responsos e faráse a queimada. Desde as 21.00h celebraráse o magosto ao carón do Teleclube e, ás 21.30h, representaráse a obra Barriga Verde. A verbena correrá a cargo de Raúl y Cia.


Deixar un comentario