A Estrada votará o venres e o sábado onde se colocará A Farola

A Estrada votará o venres e o sábado onde se colocará A Farola

Poderán votar os empadroados maiores de 16 anos

O Concello da Estrada decidiu organizar unha votación para decidir onde se colocará o icónico farol da Farola tras todo o debate xerado polo seu traslado. Propóñense tres ubicacións: a proposta de Galaicontol (preto da estatua da Rapa das Bestas), a ubicación actual ou nas proximidades do cruce con Don Nicolás. Ademais, tamén se poderá elixir que farol se colocará: o actual ou o orixinal, que é o que se atopa na Praza do Mercado.

O referendo celebraráse o venres 8 e o sábado 9 e poderáse votar no departamento de Estatística do Concello. O venres o centro de votación estará aberto de 9.00 a 14.00h e de 17.00 a 20.00h e, o sábado, de 10.00 a 13.00h. Tras isto, procederáse ao reconto dos votos e a dar a coñecer os resultados. Poden votar todas as persoas empadroadas no concello e que sexan maiores de 16 anos.


Imaxe de portada: Posibles ubicacións da farola // Gráfico: O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario