A Comunidade Valenciana sufriu os efectos da DINA do século, que provocou, polo menos, a morte de 211 persoas, 215 en total. Mentras, centos de persoas continúan desaparecidas e os veciños quéixanse de que a axuda é insuficiente, con servizos de emerxencias que aínda non chegaron ás zonas nas que son requeridos.
O Concello da Estrada, xunto con Estrans, Cáritas e a ACOE, organizou unha recollida de alimentos e produtos básicos para enviar a Valencia. Recolleráse auga embotellada, leite, alimentos non perecedeiros, produtos de hixiene persoal, biberóns, cueiros e produtos para limpar.
Poderánse depositar en Cáritas de 10.30 a 12.30h, no local da ACOE de 9.30 a 14.00h e de 16.30 a 20.30h e na nave de ESTRANS no Polígono de Toedo de 9.00 a 19.00h. Ademais, pódese anotar como voluntario chamando ao 986 570 030 ou enviando un correo aestradaaxudavalencia@aestrada.gal.
Outras vías
O Concello de Vedra está recollendo auga, leite, alimentos non perecedeiros, produtos de limpeza e artigos de hixiene persoal no Pavillón Municipal en horario de 10.00 a 13.00h e de 18.00 a 21.00h.
A Cruz Vermella tamén permite doar cartos que serán empregados en función das necesidades do momento. Pódese facer a través da súa web, mediante transferencia bancaria ou vía BIZUM:
- Banco Santander: Transferencia á conta ES44 0049 0001 5321 1002 2225 ou BIZUM ao 33512.
- BBVA: Transferencia á conta ES92 0182 2370 4600 1002 2227 ou BIZUM ao 33467.
- CaixaBank: Transferencia á conta ES28 2100 0600 8502 0196 0066 ou BIZUM ao 04057.
- Banco Sabadell: Transferencia á conta ES31 0081 5232 2800 0108 4716 ou BIZUM ao 04048.
- Bankinter: Transferencia á conta ES75 0128 0010 9701 0012 1395 ou BIZUM ao 00087.
Cáritas tamén conta con esta opción:
- Web
- Banco Santander: ES4500491892642110553738
- Banco Sabadell: ES5400810216700002187226
- BIZUM: 00089


Deixar un comentario