Emerxencias A Estrada envía efectivos a Valencia

Emerxencias A Estrada envía efectivos a Valencia

Dous bombeiros de Emerxencias A Estrada saíron nas últimas horas deste luns dirección Alfafar, Valencia, unha zona afectada polas riadas do pasado martes, para colaborar nas labores de limpeza. Ademais, tamén se está desprazando ata alí unha Bomba Urbana Lixeira (BUL) con material de rescate, un Vehículo de Intervención Rápida (VIR) e un remolque con material de achiques, iluminación e limpeza.

BUL e VIR mobilizados // Emerxencias A Estrada

Comentarios

Deixar un comentario