O venres e o sábado os estradenses maiores de 16 anos están chamados ás urnas para elixir farola para A Farola e onde colocala. Por iso, imos darlles os datos da votación.
Que se vota?
Os estradenses poderán elixir se queren que a farola se sitúe nas proximidades da estatua da Rapa das Bestas (número 1), nunha ubicación similar á actual (número 2) ou nas proximidades do cruce con Don Nicolás, á altura da fonte que de pretende colocar (número 3).

Ademais, decidirán se se coloca o orixinal, que actualmente está na Praza do Mercado (letra A), ou a actual, que o vindeiro ano fará 40 anos nesa ubicación (letra B).

Como se vota?
Os votantes marcarán o número e a letra que queren nas súas respectivas papeletas. Na mesa electoral presentarán o seu DNI para comprobar que reside na Estrada e é maior de 16 anos e, despois, introducirá cada papeleta na urna que lle corresponde.
Onde e cando se pode votar?
A votación terá lugar no departamento de Estatística, na planta baixa do Concello o venres de 9.00 a 14.00h e de 17.00 a 20.00h e o sábado de 10.00 a 13.00h. Ao pechar as urnas o sábado poderáse asistir ao reconto.
Non podo asistir ao reconto, hai algunha forma de velo?
O Xornal da Estrada, no marco da súa cobertura especial, emitirá en directo pola súa canle de YouTube o reconto. Ademais, tanto venres coma sábado publicaránse vídeos coa actualidade electoral.
Imaxe de portada: Farola da Farola // O Xornal da Estrada


Deixar un comentario