A Farola: cronoloxía dun resultado anunciado

A Farola: cronoloxía dun resultado anunciado

A permanencia da farola da Farola na súa ubicación actual gañou co 70% dos votos. Un resultado que, para moitos, era previsible pola carga simbólica dese punto.

  • Novembro 2023

    Abre o prazo para presentar os primeiros proxectos.

    Luis López Bueno, voceiro do PSOE, agarda que o proxecto que se elixa manteña o icónico farol.

    Este proceso rematará sendo anulado para que primen as cuestións técnicas fronte ás económicas.

  • Xuño 2024

    Anúnciase que non se vai requerir a permanencia do farol.

    O PSOE e o BNG rexeitan o anuncio.

  • Agosto 2024

    Abre o prazo para presentar o proxecto de peonalización. Finalmente, obrígase a colocar o farol nalgún punto de importancia da praza.

  • Setembro 2024

    Dos tres proxectos presentados, elíxese o de Galaicontrol, que traslada o farol ás proximidades da estatua da Rapa das Bestas. Desde a oposición rexeitan a reubicación. Moitos estradenses mostran a súa disconformidade coa decisión.

    Proxecto de peonalización
  • Outubro 2024

    O PSOE organiza unha recollida de sinaturas e unha manifestación contra o traslado. Firmarán case 2000 persoas e colabora toda a oposición.

    Gonzalo Louzao critica que López Bueno votara a favor do proxecto na Mesa de Contratación cando mostra a súa oposición a el. O socialista responde que, votar o contrario, sería “prevaricar”.

  • 17 de outubro 2024

    Trinidad López, enxeñeira de Galaicontrol, defende o traslado: “É como deixar un piar no medio do salón”.

  • 19 de outubro

    En torno a un cento de persoas maniféstanse contra o desprazamento do farol. Fano nunha xornada de chuvias que, por momentos, son intensas.

    Manifestación
  • 1 de novembro 2024

    Aparece un ramo de flores no farol

  • 2 de novembro 2024

    Gonzalo Louzao anuncia a convocatoria dun referendo para votar a ubicación do farol e o farol que se colocará.

  • 8 de novembro 2024

    Primeiro día de votación. Votan 660 persoas, duplicando aos votantes de todo o referendo da praza da Feira.

  • 9 de novembro

    Votan outras 500 persoas. A participación final márcase en 1179 estradenses e gaña a opción de manter o farol nunha ubicación igual ou similar á actual tras conseguir 820 votos (70% dos totais). Tamén se decide que permaneza o actual.

    Ringleira para votar

Imaxe de portada: Reconto dos votos // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario