A Banda Municipal honrará á súa patroa cun concerto

A Banda Municipal honrará á súa patroa cun concerto

A Banda Municipal da Estrada celebrará este sábado un concerto na honra de Santa Icía. Será ás 20.00h no Teatro Principal e estará dirixido por Álvaro Varela.

Máis de 70 músicos interpretarán os diferentes temas. No repertorio inclúense October, de Eric Whitacre; Guillermo Tell, de G. Rossini; O ano do Dragón, de P. Sparke; Cantigas de Ourense, de F. Molina, e Xota de Xigantes e Cabezudos, de M. Fernández.

O acto estará presentado por Fran Campos. Os convites poden recollerse no departamento de Cultura do Concellod a Estrada.

Tras el, os músicos celebrarán unha cea á que acudirán varios antigos músicos e persoas que siguen ligadas á Banda.

Comentarios

Deixar un comentario