O PP responde a López Bueno: o Concello non pode instalar a fibra

O PP responde a López Bueno: o Concello non pode instalar a fibra

Luis López Bueno, voceiro do PSOE, asegurou que parte dos fondos europeos terían que adicarse á instalación de fibra no rural. Desde o PP responderon a estas verbas porque ” consideramos importante achegar claridade para evitar malentendidos e falsas expectativas”.

Explicaron que, segundo a lei 11/2022, o papel do Concello é facilitar o despregue da fibra “mediante a colaboración cos operadores e o aproveitamento de oportunidades, pero non pode financiar nin executar despregues directamente salvo en condicións moi específicas e reguladas pola normativa vixente”.

Comentaron que os fondos europeos “están deseñados para complementar os despregues privados” e a xestión é dos gobernos estatal e autonómico. Aseguraron que “o Concello seguirá atento a todas as oportunidades de colaboración que poidan beneficiar aos nosos veciños” e que, na Estrada, ” estamos a colaborar activamente coa empresa Avatel, adxudicataria do Plan UNICO-Banda Ancha 2022 para a provincia de Pontevedra”

Os populares afirmaron non querer “xerar expectativas que non se axusten á realidade legal e técnica” e que “seguimos enfocados en garantir a mellor conectividade posible para A Estrada”.


Imaxe de portada: Mapa de zonas sen fibra óptica (morado) // Goberno de España

Comentarios

Deixar un comentario