A Estrada pide máis fondos para a loita contra a violencia de xénero

A Estrada pide máis fondos para a loita contra a violencia de xénero

Este luns A Estrada acolleu unha manifestación polo 25N. No acto leuse o manifesto, aprobado por unanimidade no pleno do Concello, e gradouse un minuto de silencio.

O manifesto condenou todos os tipos de violencia contra a muller e lembrou ás 44 vítimas por violencia machista no que vai de ano. Asegurouse que rematar coa violencia contra a muller “é unha cousa de todos e de todas, un reto de toda a sociedade”.

Propúxose instar ao Goberno estatal a que continúe implantando as medidas recollidas no Pacto de Estado e a que incremente os fondos destinados a que os gobernos autonómicos e municipais tomen medidas contra a violencia de xénero. Pediuse que a Xunta de Galicia mellore as medidas de protección ás vítimas e comprometéronse a, desde o pleno do Concello, “buscar e implantar medidas de formación e información que busquen a concienciación social de adoptar comportamentos que rexeiten aquelas actuacións do tipo que sexan e que supoñan actitudes que inciten e promovan calquera tipo de violencia ou discriminación da muller no noso concello”.

Comentarios

Deixar un comentario