A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) activou para esta noite e para a mañá do domingo dous avisos amarelos por chuvias intensas. Ambos estarán activos desde as 21.00h deste sábado ata as 15.00h do domingo. Nunha hora poderánse acumular ata 20mm e, en 12, ata 60mm.
Niveis de aviso
- Verde: Sen risco meteorolóxico
- Amarelo: Non existe risco meteorolóxico para a poboación en xeral, pero si para algunha actividade concreta.
- Laranxa: Existe un risco meteorolóxico importante (fenómenos meteorolóxicos non habituais e con certo grado de perigo para as actividades habituais).
- Vermello: Risco meteorolóxico extremo (fenómenos meteorolóxicos non habituais, de intensidade excepcional e cun nivel de risco para a poboación moi alto). Non viaxe salvo que sexa estritamente necesario.

Deixar un comentario