O musical Un médico na aldea, no que actúan Tequexetéldere e a Escola Municipal de Artes Escénicas coa colaboración de Rosa de Cabanas, que fai debuxos en directo, despediráse o sábado 14 ás 20.00h no Teatro Principal. As entradas xa están á venda no departamento de Cultura a un prezo de 3 euros.
Todos os pases desta obra foron un éxito desde que se estreou no mes de marzo. Na Estrada a alta demanda obrigou en repetidas ocasións a incrementar o número de pases. Ademais, tamén actuaron en Braga e, esta fin de semana, na Coruña.
Imaxe de portada: pase de Un médico na aldea na Coruña // cedida


Deixar un comentario