Case 500 persoas asinaron para mellorar a situación da Estación

Case 500 persoas asinaron para mellorar a situación da Estación

O colectivo La Estación vive un dos seus peores momentos: a súa sede, a Estación de Autobuses, ten graves problemas estruturais que requiren que se interveñan urxentemente e, ademais, Annie Sánchez e Alonso de la Cantera, fundadores do colectivo e colaboradores nas diferentes iniciativas que xorden nel, necesitan que se regularice a súa situación para poder ofrecer un mellor servizo.

Por iso, hai uns meses comezaron unha recollida de sinaturas pedindo que se melloren ambos aspectos e que, así, a Estación poida seguir promovendo iniciativas que melloren A Estrada. Polo momento, na plataforma Change.org xa conseguiron recoller 480 sinaturas.


Imaxe de portada: desperfectos no interior da Estación // cedida

Comentarios

Deixar un comentario