O DOG publica a ampliación da autovía ata O Rollo

O DOG publica a ampliación da autovía ata O Rollo

A AG-59 continúa avanzando cara a súa chegada á Estrada: o DOG publicou o acordo de aprobación do treito de Pontevea ao Rollo. Terá unha lonxitude de 4 quilómetros e dous enlaces que permitirán circular dirección Santiago ou A Estrada.

Prevése que o levantamento das actas previas das expropiacións sexa no primeiro trimestre de 2025 e que se liciten as obras na segunda metade do ano. Terá un prazo de execución de 36 meses.

Desde o PP da Estrada salientan que, esta ampliación, “suporá un impulso decisivo para a competitividade económica e social do municipio”, no que xa se atopan a AGASP e o 112, e tamén reforzará “a súa posición como motor de desenvolvemento na comarca de Tabeirós-Terra de Montes”.

Amais, aseguran que esta actuación “énchenos de ilusión no inicio do Nadal, demostrando que o traballo conxunto dá os seus froitos”.


Imaxe de portada: Obras da AG-59 // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario