Pasou pouco máis dun mes desde que se estreou e o seu éxito é innegable. O Mirador Outeiro Grande, sito na parroquia de Liripio, está conseguindo un gran número de visitas grazas ás súas boas vistas – nos días despexados pódense apreciar a Illa de Tambo (Ría de Pontevedra) ou A Pobra do Caramiñal – e ao seu peculiar banco xiratorio feito con ferraduras.
Este atractivo turístico chegou a Portugal. De feito, esta fin de semana un grupo de excursionistas do país luso visitou o mirador e o coñecido coma o Banco da Boa Sorte.


Deixar un comentario