Este domingo chegará ao Pavillón Coto Ferreiro da Estrada un Papá Noel solidario da man da Fundación Andrea. O evento comezará ás 15.30 e rematará ás 21.00h.
Contaráse coa participación de empresas do concello, que levarán a cabo diferentes actividades: haberá hinchables (Tiko Doco), un rocódromo, pintacaras (Anacos Educativos, Soei), contacontos (Tina Velutina), un obradoiro de adornos de Nadal (4 Elefantes), exhibicións de baile (Priscila, SondoDance, Stradanza), un obradoiro de plus-plus (Pintaletras) e un concerto de Musikenos.
Tamén estarán Os Bolechas e poderánse sacar fotos con Papá Noel. Pablo Chichas estará presentando o evento.
As entradas custarán 5 euros para os nenos e 2,5 para os adultos.


Deixar un comentario