Recollida de firmas para pedir a instalación de fibra óptica no rural

Recollida de firmas para pedir a instalación de fibra óptica no rural

Este sábado a Asociación de Veciños e Amigos de Ribela recollerá firmas para solicitar a instalación de fibra óptica nas parroquias da Estrada. A recollida farána na igrexa de Ribela ás 10.30h.

De forma paralela, puxeron en marcha unha recollida na plataforma Change.org.

Os veciños da parroquia lamentan que, no caso de producirse unha emerxencia, non dan chamado ao 112 porque ningunha compañía ten cobertura móbil en moitos lugares desta.

Desde a asociación lembran que un estudo do Ministerio de Economía e Empresa recoñeceu a importancia de aumentar a conexión de banda ancha para o desenvolvemento do rural.


Imaxe de portada: Ribela // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario