A AEMET activa tres avisos amarelos polo paso dunha borrasca

A AEMET activa tres avisos amarelos polo paso dunha borrasca

O paso dunha borrasca pola comunidade deixará chuvias intensas e refachos de vento fortes. Por iso, a AEMET activou tres avisos amarelos por estes fenómenos.

Desde as 9.00h do mércores ata as 6.00h do xoves poderían acumularse ata 60mm en 12 horas. Ademais, entre as 16.00h do mércores e a medianoite, os acumulados poderían superar os 15mm nunha hora.

En canto ao vento, os refachos poderían alcanzar os 80km/h. A alerta activaráse ás 18.00h do mércores e rematará o xoves ás 4.00h.

Niveis de aviso

  • Verde: Sen risco meteorolóxico
  • Amarelo: Non existe risco meteorolóxico para a poboación en xeral, pero si para algunha actividade concreta.
  • Laranxa: Existe un risco meteorolóxico importante (fenómenos meteorolóxicos non habituais e con certo grado de perigo para as actividades habituais).
  • Vermello: Risco meteorolóxico extremo (fenómenos meteorolóxicos non habituais, de intensidade excepcional e cun nivel de risco para a poboación moi alto). Non viaxe salvo que sexa estritamente necesario.

Comentarios

Deixar un comentario