A Banda Municipal celebrará o seu Festival de Nadal

A Banda Municipal celebrará o seu Festival de Nadal

Este sábado ás 12.00h, a Banda Municipal da Estrada celebrará o seu Festival de Nadal, no que actuarán os alumnos e alumnas da escola, con actuacións individuais e colectivas, e do grupo de Música e Movemento, da Banda Infantil e da Banda Escola.

Con este festival, no que debutarán algúns músicos, ponse punto e final a un gran ano para a agrupación, no que conseguiron instalacións para dar clases e un segundo premio no Certame Galego de Bandas de Música.

Comentarios

Deixar un comentario