Localizan con vida ao octoxenario que se perdeu no monte

Localizan con vida ao octoxenario que se perdeu no monte

Pasadas as 18.30h deste mércores o 112 recibiu unha chamada alertando de que un home, de 86 anos de idade e residente en Adoufe (San Miguel de Castro), caera nunhas silvas entre Loimil e Liripio tras desorientarse e meterse o seu vehículo nunha cuneta dunha pista forestal. O varón desprazárase ata a zona para xantar e dar un paseo.

Ás 4.30h a Garda Civil atopouno e foi trasladado polo 061 ao Centro de Saúde para prestarlle atención sanitaria.

Quen avisou ao 112 foi o seu afillado, aínda que finalmente estableceuse contacto co desaparecido. Dado que o seu terminal está vinculado a un teléfono fixo, non se podía xeolocalizalo, polo que se empregou a triangulación de antenas.

A búsqueda complicouse por atoparse perdido nunha zona de monte. Malia todo, desde o 112 mantiveron a comunicación co home para comprobar o seu bo estado e para coñecer calquera novidade sobre a súa localización.

Na súa busca participaron axentes da Garda Civil, o equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), membros do GES da Estrada, integrantes do Servizo Municipal de Protección Civil e axentes da Policía Local.

Comentarios

Deixar un comentario