O Concello e Acción contra a Fame porán en marcha unha escola inclusiva para o emeprego

O Concello e Acción contra a Fame porán en marcha unha escola inclusiva para o emeprego

A concellería de Xuventude  anunciou a posta en marcha, en colaboración con Acción contra a Fame, dunha escola inclusiva para o emprego. Con este inmovador proxecto buscaráse formar e insertar no mercado laboral aos mozos e mozas estradenses menores de 30 anos. Faráse en dous sectores cunha alta empregabilidade: o do almacén e derivados e o da soldadura.

Calcúlase que poderán participar ata 60 persoas, que deberán estar inscritas en garantía xuvenil. Primeiro, recibirán a formación e, despois, os técnicos do proxecto realizarán a intermediación laboral para que os estudantes fagan as prácticas en empresas da contorna e finalmente se inserten no mercado laboral.

Para garantir que poida participar o maior número de interesados, desde o Concello farán o trámite de inscrición na garantía xuvenil a quen así o desexe. Ademais, os participantes contarán cunha bolsa de estudos para pagar os gastos de desprazamento.
Desde o portal de emprego e a páxina web do concello tamén van facilitar un formulario para que quen desexe participar no programa o solicite.

Prevése que as clases comecen no mes de xaneiro.

Comentarios

Deixar un comentario