O lume puido orixinarse na decoración de Nadal
Unha muller necesitou atención sanitaria por inhalación de fume tras intentar apagar polos seus propios medios un incendio nunha casa das Quintas, en Tabeirós.
A propietaria contactou co 112 dez minutos antes das 10 da mañá para alertar do lume. Non había ninguén no interior da vivenda.
Ata alí desprazáronse medios do 061, de Bombeiros de Silleda, do GES e do Servizo Municipal de Protección Civil de A Estrada, da Guarda Civil e da Policía Local.
Tras apagar o lume, desde o GES comprobaron que ardera o recibidor e que a planta superior vírase afectada polo fume. Ademais, apuntaron a un cable da decoración de Nadal como posible orixe, pois este atopábase derretido.


Deixar un comentario