Papá Noel xa se deixa ver pola comarca

Papá Noel xa se deixa ver pola comarca

Este luns Papá Noel recolleu as peticións dos rapaces e rapazas en Forcarei e en Soutelo de Montes. Este martes vaino facer na praza do Concello da Estrada, previa cabalgata polas rúas do centro.

Ademais, nesta xornada de Noiteboa, na Estrada poderáse visitar o Mercado de Nadal de produtos estradenses no Novo Mercado e ver a San Silvestre Acuática na piscina climatizada. Na xornada de Nadal poderáse ir andar coa Fervenza de Ouzande.


Imaxe de portada: Papá Noel en Forcarei // Concello de Forcarei

Comentarios

Deixar un comentario