A Deputación de Pontevedra vai destinar 3 millóns de euros á humanización do treito de Pérez Viondi comprendido entre a Avenida Benito Vigo e o cruce coa Estrada a Ouzande. Así se confirmou este xoves na visita de Isabel Couselo, deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, e de Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, á zona.
Actuaráse nun treito de 300 metros, reordenando os tráficos rodado e peonil para garantir a mobilidade segura dos centos de persoas que o empregan a diario, sendo a principal vía de entrada ao CEIP Pérez Viondi e ao casco urbano desde o sur.
A humanización deste treito foi un dos compromisos acadados na reunión que mantivo o munícipe co presidente da Deputación, Luis López ‘Lugués’. De feito, desde a Deputación vana afrontar “como unha cuestión prioritaria”.

Estes 3 millóns de euros súmanse a inversión prevista de 2,8 millóns de euros a través dos plans de cooperación municipal: 1,7 millóns do Plan +Provincia, 800.000 euros do Plan Extra e 200.000 euros do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.
Imaxe de portada: Isabel Couselo e Gonzalo Louzao en Pérez Viondi //


Deixar un comentario