A Deputación aproba a posta en marcha do museo virtual da Rapa das Bestas

A Deputación aproba a posta en marcha do museo virtual da Rapa das Bestas

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres o expediente de contratación para crear unha plataforma museográfica virtual sobre a Rapa das Bestas de Sabucedo.

Luis López, presidente da Deputación, asegurou que “queremos poñer en valor, difundir e divulgar unha festa tan nosa, tan 100% Rías Baixas, como é a Rapa das Bestas”.

O proxecto conta cun orzamento de 2 millóns de euros dos fondos Next Generation e nel contémplase o deseño, subministración e instalación de 61 elementos de sinalización intelixente nos itinerarios pedestres, así como a posta en marcha dun software na nube e a creación de contidos vinculados á Rapa das Bestas de Sabucedo.


Imaxe de portada: Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra

Comentarios

Deixar un comentario