Este venres remata o prazo para anotarse na San Silveira e na San Silvestre

Este venres remata o prazo para anotarse na San Silveira e na San Silvestre

Este venres remata o prazo para inscribirse tanto na San Silveira coma na Milla San Silvestre. Ambos eventos deportivos de carácter lúdico terán lugar o martes, con saída e chegada na Praza do Concello.

A San Silveira consistirá nunha ruta BTT de 20 quilómetros polo Monte Cabalar e, para a San Silvestre, haberá diferentes percorridos – pódense visualizar no vídeo que abre a noticia -. O primeiro dos eventos sairá ás 9.30h e, o segundo, comezará ás 17.00h.

A inscrición, en ambos casos, débese facer a través da web de Emesports.

Comentarios

Deixar un comentario