2024 vaise despedir cos ceos despexados e con frío. E 2025 vai comezar igual.
Nesta Noitevella as temperaturas irán desde o grao positivo ata os 12 na Estrada e desde os 0 ata os 11 graos en Forcarei, segundo a AEMET.
Durante a que para moitos será a máis longa do ano – e non por durmir moito – os mercurios oscilarán entre os 0 e os 3 graos na Estrada e, en Forcarei, estará entre 1 e 2 graos. Iso si, o lixeiro vento que soprará fará que a sensación térmica poida descender ata os -3 graos.
Xa nas horas de luz de Aninovo, as nubes tamén se deixarán ver polos ceos. Na Estrada, as temperaturas poderían subir ata os 12 graos e, en Forcarei, ata os 10. Para o xoves está prevista a chegada das chuvias.

Deixar un comentario