Así foi decembro: case 150mm de chuvia e temperaturas que baixaron dos 0 graos

Así foi decembro: case 150mm de chuvia e temperaturas que baixaron dos 0 graos

No mes de decembro na estación meteorolóxica da AEMET na Estrada rexistráronse 148,4mm, recolléndose algo máis da metade o mércores 18 (75,8mm).

O día anterior rexistrouse a máxima máis alta de todo o mes (17,9 graos), superando nun grao ao rexistro do primeiro do mes. A media das máximas situouse nos 13,3 graos.

En canto ás mínimas, a media foi de 4,7 graos. A máis baixa foi de -0,9 graos e, en total, houbo catro días nos que os mercurios baixaron dos cero graos. A mínima máis alta rexistrouse o día 18, cando os termómetros non baixaron dos 13,5 graos.

Comentarios

Deixar un comentario