Desde este venres xa se pode mercar Calle Cuba 759, a biografía do pintor Baldomero Calviño redactada por José Manuel Bouzas Blanco e editada por Azur Editorial. Trátase dunha edición limitada que se pode adquirir na libraría Faro cun custo de 12 euros.
A portada correu a cargo de José Francisco Figueiro Vicente, quen empregou un programa de intelixencia artificial, e posteriormente foi retocada pola deseñadora gráfica Carmen Varela Fernández. Figueiro tamén foi o encargado de elaborar unha páxina sobre o pintor no portal cubano EcuRed. A elección deste débese ás orixes de Baldomero Calviño.
Nesta ocasión, José Manuel Bouzas considerou non facer acto de presentación pola gran cantidade de eventos que xa hai nestas datas. Actualmente xa se atopa traballando nun novo proxecto de ficción: Lo que nunca te dije porque, asegura, “é a mellor forma de pasar páxina e distanciarse emocionalmente dun proxecto finalizado”.

Deixar un comentario