Arnois celebra a primeira festa do ano

Arnois celebra a primeira festa do ano

Arnois inaugurará a tempada de festas do ano 2025 coas festas na honra da Virxe do Carme e de San Xulián.

O sábado ás 13.00h oficiaráse unha misa, á que seguirá a sesión vermú coa charanga Os Intocables e co grupo Fuxsión Latina. A verbena comezará ás 20.00h e será co xa citado grupo, coa charanga BB+ e co DJ David Expósito.

O domingo a misa oficiaráse ás 13.30h. Na sesión vermú repetirá a charanga Os Intocables, desta volta acompañada polo grupo Alaska. Desde as 20.00h, o grupo Alaska e o DJ Machito amenizarán a verbena.

Comentarios

Deixar un comentario