O peor do temporal será nas primeiras horas da mañá

O peor do temporal será nas primeiras horas da mañá

O paso dunha borrasca deixará precipitacións intensas a primeira hora da mañá, ademais do forte vento que xa se deixa sentir.

Por iso, ata ás 16.00h estará activo un aviso amarelo por refachos de ata 85km/h que ocasionalmente poderían alcanzar os 90. Desde as 5.00 ata as 10.00h tamén se activará un aviso amarelo por acumulados de chuvia nunha hora (15mm) e de 5.00 a 18.00h, en 12 horas (50mm).

O peor momento será de 7.00 a 9.00h. Na estrada ás sete da mañá poderían acumularse 12mm e ás oito, 16, mentras que en Forcarei os acumulados serían de 7 e 17mm, respectivamente.

Niveis de aviso

  • Verde: Sen risco meteorolóxico
  • Amarelo: Non existe risco meteorolóxico para a poboación en xeral, pero si para algunha actividade concreta.
  • Laranxa: Existe un risco meteorolóxico importante (fenómenos meteorolóxicos non habituais e con certo grado de perigo para as actividades habituais).
  • Vermello: Risco meteorolóxico extremo (fenómenos meteorolóxicos non habituais, de intensidade excepcional e cun nivel de risco para a poboación moi alto). Non viaxe salvo que sexa estritamente necesario.

Comentarios

Deixar un comentario