En tan só dous días vendéronse 60 exemplares de Calle Cuba 759, o novo libro de José Manuel Bouzas. Dado que só se quere cubrir os gastos da autoedición, só está á venda na libraría Faro e non se editarán máis edicións.
Na libraría, antes da publicación do libro na tarde do pasado venres, xa o reservaran 20 persoas.
Calle Cuba 759 é a biografía do pintor estradense Baldomero Calviño. Conta con varios códigos QR que permiten coñecer máis en profundidade a vida do artista de orixe cubano.
Bouzas asegurou que se vai centrar nunha obra de ficción, Lo que nunca te dije, aínda que non se atreve a poñerlle unha data para a súa publicación, pois antes a obra terá que convencelo a el.

Deixar un comentario