Este sábado a partir das 19.30h presentaráse no Auditorio Fontán da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) o percorrido da cuarta edición do Gran Camiño. A entrada será libre e as portas do auditorio abriránse media hora antes do inicio do acto.
Xa se desvelou que contará con 5 etapas, 1 máis das que viña tendo ata o momento, algo que aproveitará para comezar en Portugal nunha etapa que unirá Maia e Matosinhos.
A segunda etapa comezará en Marín e rematará na Estrada. Contará cun circuíto que se recorrerá en varias ocasións e a meta estará en Calvo Sotelo. Esta será a primeira etapa na que os favoritos á xeral poidan poñer as súas cartas sobre a mesa.
Da terceira etapa só se sabe que será na provincia de Ourense. A cuarta etapa será a raíña: comezará na Pobra do Brollón e rematará en Pedrafita do Cebreiro. Para rematar, a quinta etapa partirá de Betanzos dirección Santiago de Compostela nunha etapa na que tamén se promete que sexa espectacular.
Imaxe de portada: O Gran Camiño

Deixar un comentario