Luis López Bueno, voceiro do PSOE da Estrada, asegurou que a visita do conselleiro de Sanidade foi “decepcionante” despois de que non trascendera “abolutamente nada” da “ambiciosa” ampliación de servizos do Centro de Saúde.
Cre que se deberían lograr máis acordos como poden ser as unidades de Dermatoloxía, Xinecoloxía e Uroloxía, e a ampliación do servizo de Pediatría cun turno de tarde, algo que condidera necesario ante á saturación dos hospitais en Santiago de Compostela, xa que permitiría evitar “desprazamentos, preocupacións e esperas para os pacientes”.
“Desgraciadamente, non houbo ningunha
declaración sobre estas posibilidades”
Considerou o servizo de hemodiálese como a “única boa nova” e puxo en valor a labor dos “grandes profesionais da sanidade na Estrada”. Ademais, pediu que se consigan máis servizos: “un concello como A Estrada merece máis servizos e unha aposta ambiciosa polo Centro de Saúde”.
Imaxe de portada: Centro de Saúde da Estrada // O Xornal da Estrada

Deixar un comentario