A aparición de xeringas na Zona dos Viños espertou a alarma cidadá e comezouse a reclamar máis vixilancia policial. Sen embargo, Xoán Reices, voceiro do BNG da Estrada, aposta pola creación de campañas de sensibilización sobre as consecuencias das drogas entre os máis novos.
“Moita xente pensa que con máis vixilancia vaise terminar haberá menos xeringas nas rúas, e si, seguramente será así, mais iso non vai por fin ao grave problema que supón a droga na nosa sociedade”
Cre que iso podería rematar coas súas consecuencias entre os rapaces e rapazas dos institutos e lembrou que “Hai uns anos era habitual atopar anuncios publicitarios sobre as consecuencia da drogadición; as campañas desapareceron, non así a droga das rúas”.

Deixar un comentario