Este venres comezará o festival de terror Panic. Ás 20.00h haberá unha charla con Manel Loureiro no Teatro Principal. Para acceder é necesario retirar o convite no departamento de Cultura do Concello da Estrada.
Ás 22.30h comezará no cine a maratón de películas de terror, coa proxección de Yummy, Terrifier 3, Black Friday e El exorcista del Papa.

Deixar un comentario