As Asociacións de Veciños, de Mulleres Rurais e as Comunidades de Usuarios de Augas poderán acceder a axudas da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra para a mellora e reforma de infraestruturas que empreguen, como poden ser locais sociais e traídas de augas.
A axuda autonómica será dun máximo de 12.000 euros e terá como prazo límite para presentarse o 15 de febreiro, mentras que a provincial serán un máximo de 10.000 euros sendo a data límite o 17 de marzo.
O Concello da Estrada ofreceuse a realizar a tramitación, asumindo todos os gastos técnicos. Ademais, o 28 de xaneiro ás 20.00h faráse unha reunión coas diferentes asociacións no MOME.
Deixar un comentario