▶️ O máis destacado
🚔 Detido un cuntiense tras atoparlle dous quilos de droga na súa furgoneta
Os nervios traizoárono nun control rutinario e a Garda Civil descubriu dous quilos de haxís. Ademais, na súa casa tiña 20 gramos de cocaína listos para distribuír.
💜 Condenado a 5 anos de prisión por intentar queimar á súa parella
Rociou parte da casa con gasolina. Deberá indemnizar á vítima con 3200 euros e non poderá achegarse a menos de 500 metros da súa casa, traballo e lugares que frecuenta.
🌬️ Rosa dos Ventos renuncia á construcción dun parque eólico no concello
A empresa Wind Premier Rosa dos Ventos S.L.U. renunciou á construción dun parque eólico nos concellos da Estrada, Cerdedo e Campo Lameiro. En cada concello íase instalar un aeroxerador. A Xunta abríralle un expediente por incumprimento do Real Decreto 23/2020.
🚴♂️ A Estrada será a protagonista da segunda etapa do Gran Camiño
A metade dos 145 quilómetros que terá serán en territorio estradense, onde se ascenderá en dúas ocasións San Vicenzo (3ª categoría).
Media etapa do Gran Camiño percorrerá A Estrada
Terá 145 quilómetros
🚑 López Bueno pide máis servizos no Centro de Saúde
O voceiro dos socialistas estradenses cre que se tería que ter acordado co conselleiro de Sanidade a chagada dos servizos de Uroloxía, Dermatoloxía e Xinecoloxía, ademais do turno de tarde de Pediatría.
🎙️ Reices pide campañas de sensibilización contra a drogodependencia…
Cre que sería o máis efectivo ca patrullas policiais nocturnas para evitar as consecuencias dos estupefacientes nos máis novos.
🗨️ … e o Concello responde comentando que programas teñen
Obradoiros para os rapaces de secundaria e as súas familias para previr condutas adictivas.
🏛️ A colaboración da Estrada con Cerdedo-Cotobade
Os alcaldes reuníronse e plantexaron propostas para colaborar. Unha das posibles vías é a través do Camiño Taverneiro.
💵 Axudas para Asociacións de Veciños, Mulleres Rurais e Comunidades de Usuarios de Augas
As da Xunta de Galicia estarán dotadas con 12.000 euros e as da Deputación de Pontevedra, con 10.000 euros. O Concello ofreceuse a tramitalas.
🚛 Un ferido leve nunha saída de vía en Matalobos
Un camioneiro resultou ferido tras saírse da vía na EP-7004 en Matalobos. Foi necesario cortar o tráfico durante uns minutos.
🛣️ “Menos radar e máis esfaltar”
Aparecen en Liñares carteis protestando polo mal estado da N-640.
🚗 Unha veciña de San Xurxo de Vea gaña o premio gordo do sorteo da ACOE
Tocoulle un coche. Tamén se repartiron unha Play Station 5, unha viaxe aberta valorada en 1.000 euros, un patinete e unha tarxeta de 500 euros en combustible.
⚽ Saque de honra de Cota
No partido que enfrontou a Estradense e Vilalonga.
🪩 A bailar!
Comezan as clases de baile para maiores.
Forcarei
🚧 Comeza a reforma da rúa Francisco Filgueira
Vanse mellorar as beirarrúas, elevar a calzada, substituír as luminarias por unhas LED e instalar bolardos.
O tráfico desviouse por Progreso.



Deixar un comentario