Varios veciños e veciñas da Estrada denunciaron que se produciron desperfectos durante a colocación da nova numeración tras retirarse os antigos “sen o máis mínimo coidado e incluso os novos quedaron mal colocados”.
Lamentan que non saben a quen reclamarlle e que, ademais, non se están recollendo os plásticos das placas, polo que reclaman máis información sobre a empresa encargada destas labores para que se poidan arranxar os desperfectos o antes posible.

Imaxe de portada: Desperfecto nunha fachada froito las labores de colocación dos números // cedida


Deixar un comentario