As retransmisións dos plenos do Concello conseguiron 2000 visualizacións no seu primeiro ano

As retransmisións dos plenos do Concello conseguiron 2000 visualizacións no seu primeiro ano

Faise un ano desde que o Concello comezou a retransmitir os plenos, polo que o concelleiro de Novas Tecnoloxías e Conectividade, Manuel Magariños, fixo balance das visualizacións.

Conseguiron 1998 visualizacións, destacando as que conseguen os plenos extraordinarios e os momentos de especial relevancia política.

Cando máis visualizacións en directo se conseguiron foi en febreiro de 2024, no pleno extraordinario no que se debateron os orzamentos do ano, mentras que o pleno ordinario de xullo foi o que máis visitas conseguiu en diferido.

A maioría das visualizacións chegan desde a web do Concello e sobresaen as visualizacións a través do móbil (1627) sobre as conseguidas a través de ordenadores (331) e, sobre todo, sobre as das tablets (39).

Aínda que a gran maioría das visualizacións proceden de España, tamén chegaron desde Estados Unidos, Suíza ou Países Baixos, entre outros países europeos.

“As retransmisións permitiron reforzar a transparencia e a proximidade do Concello coa veciñanza. Ademais, son un reflexo do compromiso municipal por innovar e adaptarse ás necesidades dunha sociedade cada vez máis dixitalizada”

Manuel Magariños, concelleiro de Novas Tecnoloxías

Desde a concellería teñen como obxectivo “continuar mellorando este servizo, optimizando os sistemas de retransmisión e ampliando o alcance” para que “máis persoas poidan acceder ás deliberacións municipais e formar parte do día a día do Concello”.

Agradeceu aos estradenses que vexan os plenos e animou aos que non os ven a velos.

Comentarios

Deixar un comentario