Ribela organiza un día de bingo e richada

Ribela organiza un día de bingo e richada

Tras o éxito do ChocoBingo, chega a Ribela a BingoChada, un evento no que se mestura xantar richada cunha sobremesa de bingo.

Celebraráse o 9 de febreiro na Escola de Ribela. Ás 13.00h abriráse a barra e, unha hora máis tarde, comezará o xantar, que consistirá nun entrante, na richada de porco con cachelos e nunha sobremesa cortesía dos veciños da parroquia. Ás 16.00h comezará o bingo.

A asistencia ao entrante non implica asistir ao bingo, e viceversa. A reserva para o xantar poderá facerse ata o 5 de febreiro ás 14.00h nos bares O Panadeiro e Camiño da Geira (Codeseda) ou nos teléfonos 648 683 923 e 645 545 042. O prezo para adultos será de 20 euros e, para os nenos de 3 a 11 anos, de 10 euros.

Comentarios

Deixar un comentario