Aínda que Herminia está deixando moita chuvia polo concello, dous atletas conseguiron que falemos doutra chuvia máis agradable: a de medallas. Eles son Eva Gil e Martín Ruibal.
Ambos participaron no Campionato de Galicia sub23 e remataron cuns resultados (case) inmellorables.
Ruibal proclamouse Campión Galego de Triplo Salto tras saltar 11,40 metros, ademais de conseguir o bronce en salto de lonxitude (5,26m) e lanzamento de peso (10,94m), batendo nestas últimas a súa marca persoal.
Pola súa banda, Gil conseguiu a prata nos 60 metros valos (10.24s) e o bronce nos 60 metros lisos (8.42s), batendo en ambas probas a súa mellor marca. Tamén conseguiu a súa marca persoal no salto de lonxitude.
Imaxe de portada: Eva Gil e Martín Ruibal // Atletismo A Estrada


Deixar un comentario