A borrasca Ivo traerá consigo chuvia, vento e treboadas fortes. Por iso, a AEMET activou catro avisos amarelos na comarca.
Ás 00.00h activaráse un aviso por refachos de vento de 70km/h, que finalizará ás 12.00h. Á mesma hora activaráse un aviso por acumulacións de 60mm en 12 horas, finalizando ás 15.00h. Entre as 6.00 e as 15.00h tamén estarán vixente dous avisos: un por acumulados de 15mm nunha hora e outros por treboadas que poden vir acompañadas de pedrazo.
O peor do temporal prevése para a primeira hora da mañá, coincidindo coa entrada aos traballos e aos centros educativos.
Niveis de aviso
- Verde: Sen risco meteorolóxico
- Amarelo: Non existe risco meteorolóxico para a poboación en xeral, pero si para algunha actividade concreta.
- Laranxa: Existe un risco meteorolóxico importante (fenómenos meteorolóxicos non habituais e con certo grado de perigo para as actividades habituais).
- Vermello: Risco meteorolóxico extremo (fenómenos meteorolóxicos non habituais, de intensidade excepcional e cun nivel de risco para a poboación moi alto). Non viaxe salvo que sexa estritamente necesario.


Deixar un comentario