Unha tormenta agravou os problemas de cobertura de Ribela e a súa contorna

Unha tormenta agravou os problemas de cobertura de Ribela e a súa contorna

Continúan as labores para restablecer a subministración eléctrica

As tormentas que se produciron este luns asociadas á borrasca Herminia agravaron os problemas de cobertura da zona de Ribela.

Pasadas as 20.30h un raio provocaba un apagón de varios segundos de duración, tras o que comezaría a haber problemas coa cobertura móbil. A incidencia solventouse na xornada deste martes. Amais de Ribela, parroquias coma Sabucedo, Liripio, Parada e Vinseiro tamén se viron afectadas.

Por outra banda, os cortes na subministración eléctrica continuaron. Por exemplo, en Sabucedo quedaron sen luz sobre as 16.00h do domingo e, ata a xornada deste martes, non se arranxou, aínda que os veciños manifestaron que continúan quedando sen ela por momentos.

Ademais, á listaxe de incidencias solventadas por Emerxencias hai que sumarlle árbores en Santeles, Lamas e Agar.

Para este mércores, a borrasca Ivo ameaza con provocar máis incidencias. A AEMET activou avisos amarelos por chuvia, vento e treboadas.


Imaxe de portada: Ribela // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario