“Resulta curioso que Luis López Bueno critique algo que o seu propio partido impuxo desde Madrid”

“Resulta curioso que Luis López Bueno critique algo que o seu propio partido impuxo desde Madrid”

O PP reaccionou á crítica que fixo Luis López Bueno á suba da taxa do lixo. O partido sinalou que “resulta curioso” que “critique algo que o seu propio partido impuxo desde Madrid”.

Lembraron que foi o PSOE quen aprobou a lei 7/2022 de residuos orgánicos, que obriga a cobrar unha taxa que cubra todos os gastos de recollida, transporte e tratamento deles.

Desde o partido tamén sinalaron que a Comisión Europea “aclarou que a normativa europea non obriga a aplicar unha taxa municipal”, dando liberdade para que os estados escollan o sistema de financiación.

“Se no futuro hai que axustar a taxa do lixo na Estrada, non será por mala xestión do Concello, senón porque o Goberno central nos obriga a facelo. O PSOE sabe isto perfectamente, pero prefire mirar para outro lado e botar balóns fóra antes que asumir resposabilidade do que fai o seu propio partido en Madrid”, engadiron.


Imaxe de portada: contedores do lixo // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario