Os problemas técnicos tamén deixan no aire a edición web
Desde o pasado xoves O Xornal da Estrada estivo sufrindo unha serie de problemas técnicos que dificultaron a publicación de noticias e que estas se compartiran a través das diferentes redes sociais. Estes problemas tamén impediron a realización da edición en vídeo do Xornal Semanal, polo que se decidiu cancelar a deste domingo.
A orixe da incidencia é allea a este medio e, desde onde se orixinou están traballando para solventala. A edición web do Xornal Semanal realizaráse se recuperamos a normalidade nas próximas horas.
Desde O Xornal da Estrada queremos pedir desculpas a todos aqueles que se informan a través deste medio por non poder ter ofrecido con normalidade o servizo demandado.


Deixar un comentario