O Ministerio de Inclusión e Seguridade Social ao BNG: o Concello valora a demolición do antigo Centro de Saúde

O Ministerio de Inclusión e Seguridade Social ao BNG: o Concello valora a demolición do antigo Centro de Saúde

O Ministerio de Inclusión e Seguridade Social respondeu a unha pregunta sobre o antigo Centro de Saúde formulada por Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso dos Deputados.

Nela coméntase que o Concello valora a posibilidade de derruír o edificio para construír un novo e que non se conforma coa adscrición porque “non entende xustificada unha inversión tan importante sobre un inmoble alleo”, polo que optaría por mercalo. Ademais, para poder derruílo, teríase que trasladar as instalacións da Seguridade Social a outra dependencia que cedería o Concello.

Xoán Reices, voceiro do BNG  na Estrada asegura que esta resposta demostra “as poucas ganas do concello de facer algo con ese inmóbel, algo normal nun goberno do PP sen proxecto e sen ideas”.

A existencia das oficinas da Seguridade Social no edificio, asegura o nacionalista, só molestaría no caso de optar pola demolición, aínda que cre que “pode formar parte dunha estratexia negociadora de máximos para sacar un mellor acordo, mais tamén semella que o alcalde, presionado pola veciñanza da Avenida de Santiago e polo BNG, expón unha estratexia negociadora de máximos porque en realidade non sabe que facer co edificio”.

Reices lembrou que “van alá case cinco anos e o goberno municipal do PP non ten un plan para ese inmóbel, que se deteriora e é saqueado cada día, deixando un panorama na rúa desolador” e volveu apostar pola proposta do seu partido: un centro de día e un centro cívico.


Imaxe de portada: Antigo Centro de Saúde // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario