López Bueno vaticina que o Concello non se vai facer co antigo Centro de Saúde “de ningunha maneira”

López Bueno vaticina que o Concello non se vai facer co antigo Centro de Saúde “de ningunha maneira”

Luis López Bueno, voceiro do PSOE da Estrada, reaccionou á resposta que lle dou o Ministerio de Inclusión e Seguridade Social ao BNG sobre o antigo Centro de Saúde.

Pediulle ao PP que aclare a súa postura:  “ou non recuperalo como dixeron en decembro ou recuperalo”. Engadiu que considerar a opción de derruílo é “unha nova forma de darlle voltas a este asunto” e lembrou que Louzao dixera que era “un morto”.

“A miña interpretación é que a postura do PP non cambiou nada. Non se van facer co edificio de ningunha maneira”

Luis López Bueno

Incidiu en que o PP “non ten proxecto” para o edificio mentras que desde o PSOE propoñen trasladar ata alí os Servizos Sociais en lugar de “desaproveitar toda edificabilidade da parcela do INEM”.

O socialista asegurou que “continúa empeñado en que a cesión non permite financiamento para a reforma” cando “sabe perfectamente que eu mesmo teño resposta da Dirección Xeral de Fondos Europeos de que é perfectamente posible incluír un proxecto para o Centro de Saúde nos próximos fondos ETI”.

Lembrou que a Casa do Mar de Marín foi adscrita e reformada e que Louzao asegurara que no antigo Centro de Saúde estarían os novos Servizos Sociais.

Rematou lamentando que “sexamos o único partido que temos claro o que queremos e como hai que facelo mentres outros están deixando que se deprima unha zona importante do casco urbano e o edificio se deteriore cada vez máis”.


Imaxe de portada: antigo Centro de Saúde // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario