Roteiro e presentación sobre as alvarizas do Candán en Forcarei

Roteiro e presentación sobre as alvarizas do Candán en Forcarei

Este sábado, 8 de febreiro a agrupación cultural O Galo vai presentar no Museo do Pobo Galego o Catálogo das alvarizas de Terra de Deza e Serra do Candán no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela). Intervirán os autores, Damián Porto e Francisco Azurmendi, e o apicultor Xesús Asorey.

A partir das 16.00h, faráse un roteiro polas alvarizas da Serra do Candán, que comezará na aldea da Graña, en Trasdomonte (Forcarei).

Ás 18.15h presentaráse o catálogo no Auditorio de Soutelo de Montes, contando coa presenza dos autores. O acto estará organizado pola Asociación O Can de San Roque, Alarma de Terra de Montes e A.C.I.B.A.L.

O Catálogo das alvarizas de Terra de Deza e Serra do Candán está editado pola Asociación Cultural Vagalumes.

Comentarios

Deixar un comentario