VOX lamenta a falta de actuación ante os botellóns

VOX lamenta a falta de actuación ante os botellóns

Fernanda Barreiro, Coordinadora Local para VOX na Estrada, lamentou a falta de actuación do Concello ante os botellóns. Comentou que, como propietaria dun can, ten que recoller as deposicións para evitar unha multa, algo do que “non me queixo, é de civismo manter as rúas limpas polo ben común”, pero que as noites do sábado deixan o aparcadoiro do Novo Mercado cheo de lixo e “non hai vixilancia nin nada, non hai multas”.

Creación do partido

Tal e como puido saber esta redacción, estáse traballando na creación dun partido municipal de VOX na Estrada.


Imaxe de portada: restos do botellón // cedida

Comentarios

Deixar un comentario